s
Bosque de Noruega
Nome
GIC S*Glömstaskogens Felicia
Sexo
Femia
Data de nacemento
22/12/2005
Cor e debuxo
Van negro
Código EMS
NFO n 01
Criador
Angelike & Mikaela Lundgren, S*Glömstaskogens
Propietario
Angelike & Mikaela Lundgren, S*Glömstaskogens
Resultados en exposicións
Grand International Champion (GIC)
Información de saúde

HCM negativo

GSD IV negativo

FiV/Felv negativo

Cando marchamos a vivir a Suecia, os primeiros criadores ós coñecimos en persoa foron Angelike, Michaela e Leif.
Tiñamos contactado por e-mail dende España, e cando chegamos a Suecia enseguida invitáronnos a súa casa.
Recordo que a cea foi estupenda e depois, como era a festa do Walpurgis, fumos a ver unha enorme cachada
preto da súa casa, nunha praia de Nynäshamn. Naquela primeira visita sorprendeunos a beleza e o tamaño dos seus gatos.
Seguimos véndonos a miudo en exposicións, e nunha delas quedamos prendados da súa nova gatiña van,
S*Glömstaskogens Felicia, filla dos impresionantes SP/IC S*Eärfalas Alfons e EC S*Bängbulans Wilma.
Felicia é unha beleza, non só pola súa cor, se non polo seu estándar. Ten as mellores cualidades dun Bosque de Noruega.
Na derradeira expo sueca á que asistimos antes de volver a vivir en España fíxenme unha foto con Felicia no colo.
Marchamos, pero seguimos mói de preto os pasos de Felicia, e cando en 2008 vimos os plans que había para ela
con Astrakan, contivemos o alento e agardamos a que en Marzo nacese a camada. Non tivemos dúvidas, eleximos a Ivory.

 
Fotos de Felicia

Felicia xulgada por Maud Olsen Johanson.

Haninge (Suecia), Xullo 2008. ©Jakobusland*ES

Felicia xulgada por Maud Olsen Johanson.

Haninge (Suecia), Xullo 2008. ©Jakobusland*ES

Expo de Haninge (Suecia), Xullo 2008. ©Jakobusland*ES

Felicia & Angelike. Expo Haninge 2008. ©Jakobusland*ES
Felicia & Angelike. Expo Haninge 2008. ©Jakobusland*ES
©S*Glömstaskogens
©S*Glömstaskogens
©Michaela Lundgren

Felicia máis eu na exposición de Vallentuna (Suecia)

Agosto 2008. ©Jakobusland*ES

©S*Glömstaskogens

Felicia xulgada por Kristiina Rautio na exposición de Vallentuna (Suecia),Agosto 2008. ©Jakobusland*ES

If you find any wrong information here, please, contact us: